domingo, 16 de abril de 2017

Edublog

a. Que é un edublog e para que serve?
Un edublog é un weblog cuxo principal obxectivo é apoiar un proceso de ensinanza-aprendizaxe nun contexto educativo. Son ferramentas de apoio a teleenseñanza que forman o que se coñece como web 2.0, onde un autor ou conxunto de autores depositan información na rede, que posteriormente pode ser vista e comentada por outros usuarios.
Podemos decir que os edublogs teñen múltiples finalidades, xa que ademais de ser un medio de comunicación entre o alumnado e profesorado, serven tamén para que os alumnos busquen a información dunha maneira máis autónoma e dinámica, fomentando así o desenvolvemento da capacidade crítica dos nenos e que sexan os protagonistas do seu propio aprendizaxe.
Pódense distinguir tres tipos diferentes de edublogs: blogs de asignaturas, weblogs individuais de alumnos e weblogs grupais de alumnos.

b. Que tipos de ferramentas ou programas podemos empregar para a creación dun blog?
Podemos empregar ferramentas como WordPress ou Flashblog, as cales nos permiten traballar en servidores propios cun control total sobre as aplicacións. Para traballar cun sistema gratuito e cerrado que permita ao usuario ditas preferencias, pódense empregar programas como: Blogger, Blogia, Blogsome ou Nireblog.
Para rematar, temos a opción de traballar con algunha plataforma e-learning como Moodle ou Blackboard, nas cales se integran diversos blogs.

c. Cales serían os usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista?
No novo paradigma educativo é necesario "aprender a aprender", posto que a formación non se ciñe a un espazo e a un tempo determinado, senón que exige manter certa capacidade de aprendizaxe ao largo de toda a vida. O constructivismo nútrese de aportacións sobre o aprendizaxe de distintas teorías: dende os estudos cognitivos de Piaget e a relevancia da interacción social na educación defendida por Vygotski, ata as correntes da psicoloxía educativa que destacan a importancia do aprendizaxe significativo.
Frente a outros modelos educativos centrados na transmisión de contidos, o constructivismos defende que o coñecemento é unha construción do ser humano e que se realiza a partir dos esquemas previos que xa posúe. Segundo a pedagoxía constructivista, o profesor actúa como mediador, facilitando os instrumentos necesarios para que sexa o estudante que constrúa o seu propio aprendizaxe. Cobra, por tanto, especial importancia a capacidade do profesor para diagnosticar os coñecementos previos do alumno e garantir un clima de confianza e comunicación no proceso educativo.
As características propias dos weblogs fan desta ferramenta un instrumento de gran valor para o seu uso educativo dentro dun modelo constructivista.
Os blogs serven de apoio  ao E-learning, establecen unha canle de comunicación informal entre o profesor e o alumno, promoven a interación social, dotan ao alumnado cun medio persoal para a experimentación do seu propio aprendizaxe e, por último, son doados de asimilar basándose nalgunhos coñecementos previos sobre tecnoloxía dixital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

a. Que é un edublog e para que serve? Un edublog é un weblog cuxo principal obxectivo é apoiar un proceso de ensinanza-aprendizaxe nun co...