Realidade Aumentada

- Que é a realidade aumentada(RA)?

A realidade aumentada é o término que se emprega para definir a visión dun entorno físico do mundo real, a través dun dispositivo tecnolóxico, é decir, os elementos físicos tanxibles combínanse con elementos virtuais, logrando desta maneira crear unha realidade aumentada en tempo real. Consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual a información física xa existente, é decir, engadir unha parte sintética virtual á real. 
A realidade aumentada é diferente da realidade virtual porque sobre a realidade material "do mundo físico" monta unha realidade visual xerada pola tecnoloxía, na que o usuario percibe unha mestura das dúas realidades, en cambio na realidade virtual o usuario íllase da realidade material do mundo físico para "sumerxirse" no entorno totalmente virtual.

Aplicacións realidade aumentada:

LearnAR: "eLearning with Augmented Reality" é unha nova ferramenta de aprendizaxe interactiva. Trátase de dez programas de estudios para mestres e estudantes que os axuda a explorar mediante a combinación do mundo real con contidos virtuais, empregando unha cámara web. O paquete de recursos consiste en actividades de matemáticas, ciencias, anatomía, física, xeometría, educación física e idiomas.

Star Walk 2: trátase dunha guía astronómica interactiva que permite explorar as estrelas, as constelacións, os planetas e os satélites simplemente apuntando co dispositivo móbil cara o ceo. Ofrece información detallada sobre calquera desos elementos, ademais de imaxes e unha visión navegable de 360º. Tamén conta ca Time Machine (máquina do tempo) que permite comparar o ceo actual co do pasado.

- Webs de actividades ou proxectos de realidade aumentada:

Proxecto Mobile Learning "Villalba en tu mano": Proxecto interdisciplinar en tormo ao municipio "Collado de Villalba", que pretende mediante o uso de dispositivos móbiles iniciar o alumnado no desenvolvemento das distintas competencias básicas, con especial incidencia no: tratamento da información e competencia dixital e competencia social e cidadá. Abordando durante o proceso contidos das diferentes áreas curriculares e creando produtos dixitais para dispositivos móbiles para compartir con otros veciños e usuarios desenvólvese un enfoque de aprendizaxe servicio.
Foi levado á cabo polos tres niveis de Educación Infantil do CEIP Antonio Machado. Preténdese que o alumnado conozca, respete, cuide e valore o seu municipio creando, difundindo e compartindo os seus coñecementos.
A ruta de realidade aumentada geolocalizada traballa en torno a estas páxinas: datos de interese, flora, paisaxe, fauna e lugares de interese. Isto permite que calquera usuario que teña un Smartphone ou Tableta acceda a información.

Valdespartera es cultura: Esta experiemcia levouna á cabo Domingo Santabárbara cos seus alumnos de 1º de Educación Infantil no CEIP Valdespartera 2 de Zaragoza. Este proxecto consistiu en traballar a escultura a través da realidade aumentada, cunha escultura representativa do pobo onde se atopa a escola. Os alumnos puideron comprobar de cerca as diferentes perspectivas e visións da obra dende diversos ángulos e posicións.
Un aprendizaxe vivencial que non limita o traballo da escultura a unha fotografía, senón que grazas a esta tecnoloxía é posible manexar e manipular o obxecto en 3D.

- Actividade realidade aumentada:

Que animal é?: Nun primeiro momento, realizaremos unha búsqueda pola aula de Educación Infantil de libros, xoguetes e murais sobre animais. Unha vez que os atopemos, seleccionaremos os que máis nos chamen a atención. Logo, mediante a aplicación Aurasma poderemos velos en realidade  aumentada. De cada animal faremos entre todos unha descrición detallada sobre o seu nome, o seu hábitat, a súa cor, de que se alimenta, etc. Isto permitirá que os nenos aprendan dunha maneira máis dinámica e entretida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

a. Que é un edublog e para que serve? Un edublog é un weblog cuxo principal obxectivo é apoiar un proceso de ensinanza-aprendizaxe nun co...