Estructura dun edublog

Os edublogs estructúranse fundamentalmente en catro partes, as cales son: 
- Título ou cabeira do blog.
- Descrición do blog.
- Barras laterais.
- Post ou entradas.
Dende o meu punto de vista, a a estructura ideal dun edublog debe conter:
- A información debe estar organizada e fácil de atopar, polo que dun primeiro vistazo visualicemos os contidos  que ten.


- O diseño do edublog debe ser atractivo para que desperte o interese do alumnado e debe estar adaptado a temática sobre a que trata. Por exemplo, si se trata dun blog de cociña en Educación Infantil deberá empregar unha temática que se enmarque nese contexto. Ademais, tamén debemos usar cores chamativas.


-  É importante que se incorporen imaxes ou vídeos para facilitar a comprensión do texto.




Como este edublog vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil é importante  que as actividades que se incorporen sexan estimulantes e resulten ao mesmo tempo chamativas. Algunhas das actividades que incluiría serían:
-  Tarefas que se realicen na escola.
- Unha páxina para as familias onde poidan compartir as súas inquietudes, preocupacións, propostas, etc.
-  Pequenos experimentos na aula e no exterior.
- Cancións infantís.
- Contos infantís en galego, castelán e inglés.
- Unha páxina sobre o mundo que me rodea, onde se fai referencia a diferentes aspectos,  como os animais, lugares, o tempo, etc.
- O mundo das emocións.
- Noticias actuais.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

a. Que é un edublog e para que serve? Un edublog é un weblog cuxo principal obxectivo é apoiar un proceso de ensinanza-aprendizaxe nun co...